O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu esta mañá a presentación da guía “Conducir desde a diversidade. Potenciando a autonomía na comunidade”, a única guía que existe a nivel nacional sobre condución adaptada para persoas con enfermidades neuromusculares.
O traballo foi elaborado baixo a dirección da investigadora do CITIC Thais Pousada, coa participación de investigadoras da área de investigación de Intelixencia Artificial do CITIC xunto con alumnas do Grao de Terapia Ocupacional da UDC, e editada pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM).
Descargar la guía
Descçargate la guía desde la página web de ASEM (Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares)