Asistimos a los Talleres de evaluación Intermedia de la “Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia”

O pasado 13 de xuño de 2019 celebrouse na Cidade da Cultura os Talleres de Evaluación Intermedia da «Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia».

Nela participamos para avaliar os resultados do desenvolvemento do RETO 3: Novo modelo de vida saudable cimentado no envellecemento activo da poboación.

O RIS3 de Galicia (Estratexia de Investigación e Innovación propia para a Especialización Intelixente) é un plan de futuro para xerar benestar e emprego, para ser máis eficientes e sostibles e para competir mellor no exterior. En resumo, unha folla de ruta para renovarse e medrar.

En Galicia seleccionáronse 3 retos:

  • RETO 1: Novo modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseado na innovación.
  • RETO 2: Novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento.
  • RETO 3: Novo modelo de vida saudable cimentado no envellecemento activo da poboación.