Impulsados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), estos encontros son un conxunto de xornadas online entre rapaces e rapazas e profesionais TIC que xiran en torno a temáticas como a intelixencia artificial, a informática na saúde, o desenvolvemento de software e plataformas tecnolóxicas, entre outras.
Neste caso, a nosa participación foi o pasado 28 de outubro para dar a coñecer o noso traballo no ámbito dos productos de apoio para as persoas con discapacidade.