Erasmus Design2Freedom: Jornada final de cierre

Betania y Patricia con su presentación en la jornada de cierre

O proxecto europeo Erasmus+ Design2Freedom finalizou oficialmente tras trinta e un meses de traballo conxunto entre a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), a Universidade da Coruña, Vilniaus Kolegija (Lituania), Creative District (Bélxica) e Technicka Univerzita v Kosiciach (Eslovaquia). A iniciativa pecha así unha etapa na que contribuíu a transformar o ensino universitario mediante metodoloxías de deseño centrado na persoa, situando as persoas con discapacidade no centro dos procesos de innovación.

A participación da Universidade da Coruña, desenvolvida desde o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) baixo a coordinación da investigadora Betania Groba, foi determinante para trasladar a investigación a contornos reais de aprendizaxe e favorecer a colaboración entre universidade, entidades sociais e cidadanía. O CITIC desempeñou un papel clave tanto no desenvolvemento de actividades de innovación como na validación de metodoloxías e recursos destinados a fomentar unha educación superior máis accesible e inclusiva.